Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/194-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificación liña A.T. 66 kV.

Situación: Padrón.

Descricións técnicas: modificación de liña eléctrica aérea de alta tensión a 66 kV, denominada Padrón -Finsa-Ribeira, consistente en: substitución de 5 apoios da liña existente, desde o apoio 8 ó 13, instalando tres apoios metálicos. Substitución de conductor existente entre subestación de Finsa e apoio nº 1 do tramo II, empregando novo conductor LA-180, de 2.472 m de lonxitude e cable de fibra óptica OPGW da mesma lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderan presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no praza de trinta días.

A Coruña, 6 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provicial da Coruña

7257