Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Dos Corvos. (Expediente 10/97).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, sobre autorización de instalacións eléctricas polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Planta Eólica de Galicia, S.A., con enderezo en r/ Goya, 85, 28001 Madrid, para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se citan:

Instalación: parque eólico Dos Corvos.

Situación: Cedeira e Ortigueira.

Características técnicas:

-Superficie afectada: 248 ha.

-Coordenadas: V1 (0.581.800 W, 4.837.100 N), V2 (0.583.200 W, 4.840.340 N), V3 (0.583.800 W, 4.839.700 N), V4 (0.583.100 W, 4.838.900 N), V5 (0.583.650 W, 4.838.350 N), V6 (0.583.100 W, 4.837.800 N), V7 (0.581.650 W, 4.838.350 N).

-17 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria, cunha potencia total de 10,2 mW.

-6 centros de transformación con transformadores de 1.600 e 2.000 kVA de potencias nominais e tensións de 0,690/20 kV, liñas de baixa tensión a 690 V entre aeroxeradores e centros de transformación e de 20 kV desde centros de transformación e subestacións, ambos subterráneos.

Aparellos de protección, telemando, control, sinalización e medida.

Os interesados poderán examina-lo proxecto sectorial do parque eólico e presenta-las alegacións pertinentes, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8757