Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude do permiso de investigación Magdalena, no Concello de Tui, por parte de Manuel Rodríguez Fernández.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Rodríguez Fernández, con domicilio en Mallón, Ribadelouro, Tui, presentou nesta delegación provincial, o día 15 de abril de 1997, instancia-solicitude do permiso de investigación Magdalena, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental e sección C), que se sitúa no termo municipal

de Tui, da provincia de Pontevedra, e ó que lle correspondeu o nº 2765, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 39' 00''42º 05'' 20''

Vértice 28º 39' 00''42º 06'' 00''

Vértice 38º 38' 40''42º 06'' 00''

Vértice 48º 38' 40''42º 05'' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles ante estas delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 16 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8683