Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e outorgamento da condición de instalación de producción acollida ó réxime especial do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Couce do Penido. (Expediente 9/97).

Para os efectos previstos nos decretos 2617/1968, 2619/1966, 2366/1994 e 205/1995, sobre autorización de instalacións eléctricas polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade

Autónoma de Galicia, sométese a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución, e outorgamento da condición de instalación acollida ó réxime especial, as instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Planta Eólica de Galicia, S.A.

Domicilio: r/ Goya, 85, 28001 Madrid.

Instalación: parque eólico Couce do Penido.

Situación: Cedeira e Ortigueira.

Características técnicas:

-Superficie afectada: 1.158 ha.

-Coordenadas: V1 (581.650 W, 4.383.350 N), V2 (583.800 W, 4.837.100 N), V3 (584.380 W, 4.837.610 N), V4 (584.875 W, 4.837.100 N), V5 (585.500 W, 4.838.000 N), V6 (587.600 W, 4.836.800 N), V7 (585.300 W, 4.838.450 N), V8 (581.650 W, 4.838.350 N).

-38 aeroxeradores de 600 kW de potencia nominal unitaria, cunha potencia total de 22,8 mW.

-14 centros de transformación con transformadores de 1.600 e 2.000 kVA de potencias nominais e tensións de 0,690/20 kV, liñas eléctricas de baixa tensión a 690 V e de media tensión a 20 kV soterradas interconectando aeroxeradores con centros de transformación e destes con subestación.

-Subestación eléctrica a 20/132 kV equipada cun transformador de potencia de 35 mVA e un transformador para servicios auxiliares a 20/0,380 kV e 400 kVA de potencia.

Aparellos de protección, telemando, control, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de outubro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8434