Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento de permiso de investigación Lusán número 2725.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que con data do 1 de agosto de 1997 se outorgou o permiso de investigación Lusán nº 2725, de 2 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Lalín da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime de minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 15 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8684