Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de solicitude de permiso de investigación Casinas, no Concello de Portas, por parte de Manuel Piñeiro Camiña.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Manuel Piñeiro Camiña, con domicilio en Viliquín, Dena, Meaño, presentou nesta delegación provincial, o día 28 de agosto de 1996, instancia-solicitude do permiso de investigación Casinas, de 5 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Portas da provincia de Pontevedra, e ó que lle corresponde o nº 2730 da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 40' 20''42º 34' 20''

Vértice 28º 40' 20''42º 33' 20''

Vértice 38º 41' 00''42º 33' 20''

Vértice 48º 41' 00''42º 34' 00''

Vértice 58º 40' 40''42º 34' 00''

Vértice 68º 40' 40''42º 34' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiro.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 9 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8435