Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 13 de novembro de 1997 Páx. 10.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre solicitude de instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. para planta de bombeo de Amoeiro (Ourense). (Expediente IN407A 97/48-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

a) Peticionario: concello de Amoeiro, con domicilio na estrada Tamallancos-Barbantes s/n de Amoeiro (Ourense).

b) Localización: Amoeiro (Ourense).

c) Finalidade: darlle servicio eléctrico á planta de bombeo de augas do concello.

d) Caraterísticas principais: liña aérea a 20 kV de 1040 metros de lonxitude en conductor LA-30 sobre apoios metálicos con illamento suspendido tipo 11 e situada en zona A, con orixe no poste nº 6 da L.M.T. a C.T. Sabariz-Garabatos, e remate no C.T. proxectado na planta de bombeo con 100 kVA, relación 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. cunha lonxitude de 110 metros.

e) Orzamento: 5.700.000 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4º Ourense) e formularse a esta as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 12 de setembro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

8358