Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de outubro de 1997 pola que se lle notifica ó interesado a resolución do contrato de alugueiro da vivenda conta 173 do expediente C-82/010, por resultar descoñecido o seu domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, notifícaselle ó titular da vivenda que no anexo se relaciona a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito do contrato de alugueiro da vivenda que lle foi adxudicada, en virtude de renuncia do seu titular.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

Adxudicatario: Giuseppe Yorio Saavedra.

Último domicilio coñecido: r/ Profesor López Dafonte, bloque 23, portal 3-1º Esq. de Ferrol (A Coruña) (conta 173, expediente C-82/010).

Data da resolución: 16 de outubro de 1997.

8613