Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha resolución en expediente sancionador en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sanción de espectáculos públicos desta delegación provincial número 3110000025 de Caixa Galicia urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992,

do 26 de decembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: 294/97.

Denunciado: Mª Socorro Meizoso Novo.

DNI: 32.610.275.

Enderezo: Avda. do polígono da Gándara nº 8-3º, Ferrol.

Establecemento: Green Eyes.

Precepto infrinxido: Art. 26.e) da Lei orgánica 1/1992.

Precepto sancionador: Art. 28 da Lei orgánica 1/1992.

Sanción: 15.000 ptas.

8294