Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Sigüeiro e Bisbarra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 12 horas do día 17 de outubro de 1997 a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios e Profesionais de Sigüeiro e Bisbarra, que teñen os seguinte ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresarios e profesionais de Sigüeiro e área de influencia.

Asinan a acta de constitución: Manuel Miras Franqueira e sete persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 17 de outubro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

8406