Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, para a subministración dun servidor de aplicacións para o Instituto Galego de Consumo.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

a) Organismo: Instituto Galego de Consumo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Galego de Consumo.

c) Número de expediente: C-97013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración dun servidor de aplicacións para o Instituto Galego de Consumo.

b) División por lotes e número:

-Lote 1: 5.300.000 ptas.

-Lote 2: 2.500.000 ptas.

c) Lugar de execución: servicios centrais do IGC.

d) Prazo de execución: 30 días desde o asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 7.800.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 156.000 ptas:

-Lote 1 (106.000 ptas.) e

-Lote 2 (50.000 ptas.).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 12.

e) Fax: (981) 54 45 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: Rexistro do Instituto Galego de Consumo.

2º Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Prazo durante o cal o licitador está obligado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, de 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Consumo.

b) Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Data: décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado ou día inhábil posporase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

8393