Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 11 de novembro de 1997 Páx. 10.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución dos expedientes incoados por infracción da Lei de pesca fluvial P-62/97 e seis máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, da infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderán interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 311-152-115/8 da Caixa de Galicia (2091), oficina principal de Lugo (152). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberán utiliza-los impresos normalizados, que lles serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda de la Muralla, 197.

Lugo, 17 de outubro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente: P-62/97.

Denunciado: Jesús J. Alonso Rodríguez.

DNI: 46.335.050.

Último enderezo coñecido: c/ S. Francisco, 17 baixo, Ourense.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia o día 21-3-1997 no río Miño, encoro de Belesar (lugar de Sabadelle, marxe dereita), Chantada-Lugo.

Precepto sancionador: artigo 34.1 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución, previo aboamento da sanción, para o que se lle facilitará un escrito nesta delegación.

-Expediente: P-77/97.

Denunciado: Antonio López Rodríguez.

DNI: 76.561.13.

Último enderezo coñecido: Fonteculler, Bq. 5-5, Culleredo-A Coruña.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca non respectando as limitacións de tamaño fixadas pola Orde do 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997) da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, ó ter capturado 6 troitas de tamaño inferior ó regulamentario. Feitos constadados o 29-3-1997 no río Lamas, A Fonsagrada.

Precepto sancionador: artigo 33.9 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas. de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio M.A.

-Expediente: P-112/97.

Denunciado: José M. González González.

DNI: 71.629.100.

Último enderezo coñecido: r/ Sienra 3-1º, Cangas de Narcea-Asturias.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia o día 23-4-1997 no río Lamas-A Ferreira-A Fonsagrada.

Precepto sancionador: artigo 34.1 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-116/97.

Denunciado: José L. Cabado Pardo.

DNI: 33.314.963.

Último enderezo coñecido: r/ Rúa 16, Albeiros-Lugo.

Feitos imputados: pescar con cana en zona vedada, infrinxindo o disposto no anexo V da orde de vedas 17-2-1997 (DOG do 26-2-1997), no que se apraza o inicio da tempada ata o 11 de maio na zona libre da Pontenova, feitos constatados o día 27-4-1997, no río Eo-zona libre da Pontenova.

Precepto sancionador: artigo 34.8 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 3.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio M.A.N.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-124/97.

Denunciado: José M. Rivas Lamas.

DNI: 33.318.20.

Último enderezo coñecido: r/ Castelao, 35, Cospeito-Lugo.

Feitos imputados: pescar sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca, téndoa caducada desde o 22-4-1997, capturando unha troita, feitos constatados o 4-5-1997, no río Miño, Sª Isabel-Outeiro de Rei.

Precepto sancionador: artigo 34.1 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio M.A.N.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

Artes comisadas: devolución, previo aboamento da sanción; atópanse nesta delegación.

-Expediente: P-146/97.

Denunciado: Jesús Díaz Silván.

DNI: 10.077.883.

Último enderezo coñecido: r/ La Cardona-Sª María de la Torre-Torre del Bierzo-León.

Feitos imputados: pescar sin estar en posesión da perceptiva licencia o día 18-5-1997, no río Ser-Navia.

Precepto sancionador: artigo 34.1 da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e 5.000 ptas. de indemnización por danos e perdas segundo valoración do Servicio M.A.N.

Inhabilitación: durante un ano para obte-la licencia de pesca.

-Expediente: P-147/97.

Denunciado: Rubén Díaz Silván.

DNI: 11.077.884.

8356