Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Bouza do Rei-Barrantes.
Situación: Ribadumia.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 307 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio da L.M.T. Sisán-Ribadumia, rematando no C.T. de Bouza do Rei-Barrantes, concello de Ribadumia. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.R.B.T. aérea, de 340 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre
autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 14 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
8355