Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Andamistas (AGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Andamistas (AGA) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas vinculadas ó sector da andamiaxe.

Asinan a acta de constitución: Jesús García García, en nome e representación da empresa Nor 48, S.L., e tres persoas máis representando a outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

P.S. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191, do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8515