Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Gestores de Residuos de la Construcción (Agrecon).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Gestores de Residuos de la Construcción (Agrecon) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as empresas, persoas físicas ou xurídicas que, tendo o seu domicilio social e realizando a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, desenvolvan unha actividade económica que, de maneira directa ou indirecta, implique relación coa xestión de residuos asimilables a urbanos, procedentes da construcción, demolición, obra civil ou actividades similares, que abranga o transporte e a producción de tales residuos, sempre que supoña actividade empresarial realizada con carácter habitual.

Asinan a acta de constitución: Jesús Díaz Formoso e sete persoas máis, que actúan individual ou mancomunadamente en representación de Bombas de Hormigón, Contenedores y Transportes Santiago, S.L., e de cinco empresas máis.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191, do 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8413