Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipos de ensaio de madeira e derivados para laboratorio do CIS-Madeira.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) da subministración e instalación de equipos de ensaio de madeira e derivados para laboratorio do CIS-Madeira.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), rúa Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela. Teléfono (981) 54 11 01, fax (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP nº 21/1997.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipos de ensaio de madeira e derivados para laboratorio do CIS-Madeira. O concurso farase en cinco lotes.

Lote A: laboratorio de carpintería.

Lote B: perfilómetro.

Lote C: cámara climática.

Lote D: laboratorio de reacción ó lume (bomba calorimétrica e accesorios).

Lote E: placas rectangulares de precisión.

b) Elementos que se entregarán: os indicados no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de entrega: a entrega efectuarase na sede do CIS-Madeira no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense).

d) Prazo de execución: o que propoña o contratista na súa oferta co límite máximo do 30 de decembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 20.488.480 ptas. (IVE incluído), distribuido do seguinte xeito:

Lote A: laboratorio de carpintería. 3.099.880 ptas.

Lote B: perfilómetro. 6.670.000 ptas.

Lote C: cámara climática. 2.784.000 ptas.

Lote D: laboratorio de reacción ó lume (bomba calorimétrica e accesorios). 7.667.800 ptas.

Lote E: placas rectangulares de precisión. 266.800 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación. 409.770 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: rúa Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 (A Coruña).

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en rúa Frei Rosendo Salvado, 16, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

8112