Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.785

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativos á lectura do terceiro exercicio da fase de oposición.

A resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

Así mesmo, pola Resolución do 15 de setembro de 1997 (DOG nº 181, do 19 de setembro) convocouse a tódolos aspirantes para a execución do terceiro exercicio da fase de oposición.

Adoptado acordo polos tribunais da categoría de ATS/DUE e das categorías de asistente social e do grupo técnico da función administrativa, sobre o lugar, data e hora de realización da lectura do terceiro exercicio da fase de oposición, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de nos lugares previstos na convocatoria, facultándose expresamente esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes que realizaron o terceiro exercicio da fase de oposición das correspondentes categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense para a súa lectura, de conformidade co apartado 8 da base sexta A da citada convocatoria. A lectura pública do terceiro exercicio realizarase no edificio do Servicio Galego de Saúde sito en San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, iniciándose por aqueles aspirantes dos que o primeiro apelido comece pola letra Z, coa seguinte distribución:

ATS/DUE:

* Día 11 de novembro de 1997: a partir das 12.30 horas, de Alejandre Ojea, Mónica a Borrajo Cid, Mª Soledad; e a partir das 17 horas, de Bouza Fernández, Ana Mª a Delgado Rodríguez, Mª Dolores.

Asistente social e grupo de xestión da función administrativa:

* Día 18 de novembro de 1997: a partir das 10 horas.

Segundo.-O chamamento para a lectura pública do exercicio será único e será excluído do concurso-oposición quen non compareza. Os aspirantes deberán ir provistos necesariamente do DNI, permiso de conducir ou pasaporte.

Os sucesivos chamamentos de aspirantes realizaranse a través do taboleiro de anuncios da devandita sede, e deberán levarse a cabo cunha antelación mínima de 12 horas. Igualmente, a cualificación dos

aspirantes farase pública ó termo de cada sesión de lectura pública.

Terceiro.-O presente acordo poderá ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base novena da convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

8586