Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.786

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se convoca a contratación dunha asistencia técnica para a execución da primeira proba da oferta pública de emprego de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996, mediante o sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para a execución da primeira proba da oferta pública de emprego de persoal laboral da Xunta de Galicia para o ano 1996, mediante o sistema de concurso, con procedemento aberto e trámite de urxencia.

Prazo de execución: virá determinado polo calendario que a Administración estableza para o desenvolvemento dos procesos selectivos.

Orzamento: 15.000.000 de pesetas.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 300.000 ptas.

Fianza definitiva: 600.000 ptas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de novembro de 1997.

Apertura de proposicións: en acto publico, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 28 de novembro de 1997.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o deberá de aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

8378