Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.784

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan, para o acto de elección de destino, os aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso nas categorías de persoal estatutario do grupo técnico da función administrativa e ATS/DUE.

O apartado oitavo das bases da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón de unha vez recibida pola autoridade convocante por proposta de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías correspondentes, procederase á publicación no Diario Oficial de Galicia dunha resolución pola que se aprobe a relación de prazas que se ofrecen ós aspirantes seleccionados e cítanse estes para o acto de elección de destino.

Recibidas neste centro directivo, dos respectivos tribunais, as propostas de aspirantes que superaron o concurso-oposición nas categorías do grupo técnico da función administrativa ATS/DUE, procede agora publicar no Diario Oficial de Galicia a oportuna resolución pola que se aproba a relación de prazas que se ofertan en cada unha das citadas categorías e se citan os aspirantes seleccionados para a elección de destino.

Por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Aproba-la relación de prazas vacantes para ofertar ós aspirantes seleccionados no concurso-oposición de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995 que, para cada una das categorías correspondentes, se inclúen nos anexos da presente resolución.

As prazas que se ofertan corresponden sempre a prazas básicas da correspondente categoría, co réxime xurídico propio do estatuto correspondente e coa estructura retributiva establecida no Real decreto lei 3/1987, do 11 de setembro, e nas contías vixentes no Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-Convócanse a tódolos aspirantes seleccionados nas categorías do grupo técnico da función administrativa e ATS/DUE, para que nun único chamamento e acto elixan obrigatoriamente destino definitivo pola orde de puntuación final do respectivo concurso-oposición, con preferencia en favor dos aspirantes que, de se-lo caso, accederan polo sistema de promoción interna.

Pas os únicos efectos de elección de destinos, os aspirantes que, de se-lo caso, superaron o concurso-oposición pola quenda reservada a minusválidos intercalaranse en razón da puntuación total obtida no concurso-oposición entre os aspirantes que o superaron polo sistema de acceso libre.

Terceiro.-O acto de elección de destinos celebrarase no lugar e horas que a continuación se indica:

-Día: 19 de novembro de 1997.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, sita no Polígono das Fontiñas en Santiago de Compostela.

Ás 16.30 horas: categoría: grupo técnico da función administrativa.

Ás 17 horas: categoría: ATS/DUE.

Cuarto.-O dito acto de elección someterase ás seguintes regras:

a) A solicitude que formulen os aspirantes será vinculante e irrenunciable.

b) Deberán comparecer provistos do documento nacional de identidade ou doutro documento que concrete de modo fidedigno a súa personalidade.

c) Os aspirantes que non comparezcan persoalmente poderán ser representados por terceiras persoas provistas de poder suficiente.

Para este efecto terán a consideración de poder suficiente os poderes notariais ou os poderes outorgados con caracter previo ó acto de elección de destino definitivo ante A Dirección Xeral de Recursos

Humanos do Servicio Galego de Saúde mediante comparecencia expresa do poderdante e do apoderado.

d) Perderán os dereitos derivados da súa participación no concurso-oposición os aspirantes que non soliciten prazas na forma descrita nos apartados anteriores.

Quinto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima da respectiva convocatoria.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

GRUPO TÉCNCIO DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA

Modalidade

C.H. Juan

Canalejo

C.H. Arquitecto

Marcide

C.H. Xeral

de Galicia

C.H. Xeral

Calde

H. da Costa

Burela

H.C. Monforte

de Lemos

C.H. Cristal

Piñor

H. Comarcal

Valdeorras

H. MonteceloH. MeixoeiroC.H. Xeral

Cíes

Total

Xurídica2121--1111111
Económica--1--11---14

XAP A Coruña

Área A Coruña

XAP A Coruña

Área Ferrol

XAP Santiago de

Compostela

XAP LugoXAP OurenseXAP Pontevedra-Vigo

Área Pontevedra

XAP Pontevedra-Vigo

Área Vigo

Total

Xurídica111111-6
Económica111111-6

ANEXO II

ATS/DUE

C.H. Juan

Canalejo

C.H. Arquitecto

Marcide

C.H. Xeral

de Galicia

C.H. Xeral

Calde

H. da Costa

Burela

H.C. Monforte

de Lemos

C.H. Cristal

Piñor

H. Comarcal

Valdeorras

H. MonteceloH. MeixoeiroC.H. Xeral

Cíes

Total

ATS/DUE205128548356884

8489