Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.783

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 24 de outubro de 1997 pola que se outorgan nomeamentos de notarios para as notarías vacantes que se citan.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do notariado do 1 de agosto de 1997 (BOE do 3 de setembro), e de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-las notarías vacantes establecidas no territorio desta Comunidade Autónoma, nomea a:

-Jesús-María Rodríguez Enríquez, notario de Corcubión, 3ª, para a notaría de Tui (Pontevedra).

-Álvaro Lorenzo-Fariña Dominguez, notario oposición 1995, para a notaría da Cañiza (Pontevedra).

-María del Camino Quiroga Martínez, notaria oposición 1995, para a notaría de San Sadurniño (A Coruña).

-María Teresa Sanahuja Cambra, notaria oposición 1995, para a notaría da Pobra de Trives (Ourense).

-María del Carmen Piñeiro Pena, notaria oposición 1995, para a notaría de Muxía (A Coruña).

-María Covadonga Vázquez López, notaria oposición 1995, para a notaría de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

-Víctor-Manuel Vidal Pereiro, notario oposición 1995, para a notaría de Castro de Rei (Lugo).

-José-Manuel González Sáez, notario oposición 1995, para a notaría de Quiroga (Lugo).

-Daniel Balboa Fernández, notario de Monterroso, 3ª, para a notaría de Chantada (Lugo).

-Carmen-Susana Mora Ferreiro, notaria da Fonsagrada, 3ª, para a notaría de Cedeira (A Coruña).

-María-Fátima Vázquez Espiérrez, notaria de Mondoñedo, 3ª, para a notaría de Silleda (Pontevedra).

-Natalia Nieto Alba, notaria oposición 1995, para a notaría de Guitiriz (Lugo).

-María-Teresa Bouzas Rodríguez, notaria oposición 1995, para a notaría de Allariz (Ourense).

-Francisco-Manuel Mariño Pardo, notario oposición 1995, para a notaría de Bande (Ourense).

-Manuel Mariño Rama, notario oposición 1995, para a notaría de Celanova (Ourense).

-Manuel-Arturo Vidal Rodríguez, notario oposición 1995, para a notaría de Mugardos (A Coruña).

-Gustavo-Casto Hermoso Carazo, notario oposición 1995, para a notaría de Pontedeume (A Coruña).

-Cristina Mosquera Criado, notaria oposición 1995, para a notaría de Porto do Son (A Coruña).

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

8484