Na sesión celebrada o día 29 de outubro de 1997 polo tribunal, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 11 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:
1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 11 do grupo IV terá lugar o día 25 de novembro de 1997 ás 10.30 horas en Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, sito na rúa Beiramar 55, de Vigo (Pontevedra).
O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.
2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.
Juan Manuel Rodríguez Rodríguez
Presidente do tribunal
8494