Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Luns, 10 de novembro de 1997 Páx. 10.783

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, do tribunal III 1.B designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 61 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 29 de outubro de 1997 polo tribunal, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 61 do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 61 do grupo III terá lugar o día 27 de novembro de 1997 ás 10.30 horas en Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico, sito na rúa Beiramar 55, de Vigo (Pontevedra).

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 10 horas.

2º. Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1997.

Juan Manuel Rodríguez Rodríguez

Presidente do tribunal

8493