Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/267-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. Ribadelouro-fábricas e Ribadelouro-campo de fútbol e C.T.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. Ribadelouro-fábricas, a 20 kV, de 1.364 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, entre a derivación de fábricas e a L.M.T. fábricas existente. L.M.T. Ribadelouro-campo de fútbol, a 20 kV, de 335 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, entre a derivación fábricas e o C.T. que se proxecta en campo de fútbol.

Ámbalas dúas liñas no concello de Tui. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8254