Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/256-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: r/ Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Fonte-Guillarei.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 130 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., e 210 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio s/n da L.M.T. estación-igrexa, rematando no C.T. que se proxecta en Fonte, concello de Tui. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 6.380 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8108