Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/166-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. antigo fondeadoiro.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 28 m de lonxitude con orixe na liña Damas-Hotel Finisterre (expediente 29127) e final no C.T. antigo fondeadorio. Centro de transformación, tipo interior de 1.000 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en antigo fondeadoiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8107