Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/105-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Enderezo social: r/ Coruña, N. 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T. e C.T. en barrio da Porteliña-Pazos de Reis.

Situación: Tui.

Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea, a 20 kV, de 338 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 48 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. monte Aloia ata o C.T. que se proxecta no barrio da Porteliña-Pazos de Reis, concello de Tui. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-400/231 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 15 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8256