Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/272-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Nemeño-Corme e derivada a C.T.C. Brantuas de Arriba.

Situación: Ponteceso.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV Nemeño-Corme, de 5.119 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Nemeño-Cores, expediente número 5369 e final na liña de media tensión Corme-Arnela, expediente número 50392, e derivada o C.T. Brantuas de Arriba, de 568 m de lonxitude con orixe na proxectada Nemeño-Corme e final no C.T. que se vai reformar Brantuas de Arriba. Municipio de Ponteceso.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regula

mentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 15 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7914