Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/149-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. 15/20 kV, C.T. de 50 kVA, R.B.T. de Souto-Serantes.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: acometida liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio formigón e conductor LA-56, de 3 m de lonxitude, con orixe na liña Sta. Mariña-Graña (expediente 32393) e final en centro de transformación (C.T.) que se vai instalar en Souto-Serantes. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en Souto-Serantes, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 660 m. Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 11 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7908