Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.744

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/150-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Severo Ochoa, 2, Pol. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Vilarrodís. C.T.I. Vilarrodís.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 538 m con orixe na liña que alimenta C.T. aéreo Vilarrodís. Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoio metálico e conductor LA-56, de 25 m, con orixe na liña Meicende-Moucho e final en L.M.T. Vilarrodís. Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de setembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7912