Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de outubro de 1997 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado concertado Nebrija da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado concertado Nebrija da Coruña, polo que se solicita o cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Fernando Alba Puente, María Elena Fernández Vázquez cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a María de la Concepción Fernández Vázquez.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a este os documentos esixidos e que sobre a petición foi emitido informe pola Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, (BOE do 27); Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Nebrija da Coruña a favor de María de la Concepción Fernández Vázquez, con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cesionista María Elena Fernández Vázquez, sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre o anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

7134