Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial da empresa Transportes Auto Galicia, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Transportes Auto Galicia, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

o día 4-9-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e, da parte social, polos delegados de persoal, en data 30-6-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 10 de setembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Táboa de salarios

(Vixencia 1-4-1997 a 31-3-1998).

-Persoal administrativo.

Oficial de 1ª: 89.986 ptas./mes.

Oficial de 2ª: 82.483 ptas./mes.

Auxiliar administrativo: 76.756 ptas./mes.

Aprendices: salario mínimo según idade.

Cobrador de facturas: 77.127 ptas. /mes.

-Persoal de transportes.

Encargado de almacén: 101.243 ptas./mes.

Conductor-mecánico: 3.175 ptas./día.

Conductor: 3.064 ptas./día.

Conductor de motocicletas e furgonetas: 2.963 ptas./día.

Mozo especializado: 2.870 ptas./día.

Mozo de carga, descarga e reparto: 2.776 ptas./día.

-Persoal de departamento comercial.

Visitador: 91.557 ptas./mes.

Vigo, 30 de xuño de 1997.

8011