Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.735

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de outubro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación da Escola de Educación Infantil Campolongo (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 8 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria e colexios de educación infantil e primaria (DOG do 21 de outubro de 1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.

Código do centro: 36019001.

Denominación: Escola de Educación Infantil Campolongo.

Nova denominación: Escola de Educación Infantil Concepción Crespo Rivas.

8029