Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades, no nivel de educación infantil, no centro privado Galicia, de Ourense.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Galicia, de Ourense, en solicitude de cesamento de actividades, no nivel de educación infantil, no dito centro,

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 2 de abril de 1974, a autorización definitiva para unha unidade de educación infantil,

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense,

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación,

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades

(DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto,

Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades, no nivel de educación infantil, do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro, no nivel de educación infantil.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Código do centro: 32008422.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: rúa Prado Lameiro, 18.

Denominación: Galicia.

Titular: Colegio Galicia S.L.

Autorización do cesamento de actividades do centro no nivel de educación infantil.

8032