Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 1997 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Sagrado Corazón de Jesús, de Redondela (Pontevedra).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Sagrado Corazón de Jesús, de Redondela (Pontevedra), en solicitude de cesamento de actividades no dito centro,

Resultando que o antedito centro privado obtivo, por Orde do 22 de maio de 1974, a autorización definitiva para unha unidade de educación preescolar.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra,

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, acompañando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación,

Visto o Decreto 133/1995, do 10 de maio, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (DOG do 22), e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15-12-1995), polo que se desenvolve o antedito decreto. Esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Código do centro: 36007722.

Concello: Redondela.

Localidade: Redondela.

Enderezo: Crucero, 18.

Denominación: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: María del Carmen Orge Martínez

Autorización do cesamento de actividades do centro.

8035