Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de setembro de 1997 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria: La Grande Obra de Atocha, da Coruña; La Inmaculada, de Marín; Atlántida, de Vigo; El Divino Salvador, de Vigo e María Inmaculada de Vigo.

Examinados os expedientes instruídos por instancia dos titulares dos centros, polos que se solicita autorización definitiva para a apertura e funcionamento dos centros privados de educación secundaria, La Grande Obra de Atocha da Coruña, La Inmaculada de Marín, Atlántida de Vigo, El Divino Salvador de Vigo, María Inmaculada de Vigo.

Tendo en conta que os expedientes foron tramitados polas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que se remiten cos informes da Unidade Técnica e Inspección Educativa.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio

(DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren non expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento dos centros de educación secundaria e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-A presente autorización producirá efectos progresivamente, a medida que se implanten as ensinanzas autorizadas de acordo co calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, segundo os reais decretos 986/1991, do 14 de xuño e 1487/1994, do 1 de xullo.

Terceiro.-Antes do inicio das ensinanzas de educación secundaria obrigatoria que se autorizan, a delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia nos ditos centros.

Cuarto.-Os centros de educación secundaria que pola presente orde se autorizan, deberán cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Quinto.-Quedan os centros obrigados ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Municipio: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Praza de España, 36-38.

Denominación específica: La Grande Obra de Atocha.

Titular: Instituto Secular Hijas Natividad de María.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 8 unidades.

b) Centro de educación primaria: 24 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 16 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato 8 unidades coas modalidades seguintes: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

e) Centro de formación profesional: 2 unidades de FP1 da rama administrativa e comercial.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Marín.

Localidade: Marín.

Enderezo: rúa A Estrada, 8.

Denominación específica: La Inmaculada.

Titular: Hijas de la Caridad.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Rocío, 7.

Denominación específica: Atlántida.

Titular: Colegio Atlántida, Sociedad Cooperativa.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades.

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vigo.

Localidade: Coruxo.

Enderezo: Rozo, 49.

Denominación específica: Divino Salvador.

Titular: Basilio Toyos Alonso.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 6 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de educación especial: 1 unidade.

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Pi y Margall, 58.

Denominación específica: María Inmaculada.

Titular: Hermanas Carmelitas de la Caridad.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 5 unidades.

b) Centro de educación primaria: 12 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Centro de bacharelato 4 unidades coas seguintes modalidades: ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

8034