Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 07 de novembro de 1997 Páx. 10.733

II. AUTORIDADES E PERSOAL

SUBSTITUCIÓNS:

PRESIDENCIA

DECRETO 310/1997, do 6 de novembro, polo que se acorda encarga-lo despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe oficial do presidente en funcións da Xunta de Galicia a Toulouse (Francia), é necesario prove-la súa substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante a ausencia do presidente en funcións da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a Toulouse (Francia), encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día nove de novembro ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Santiago de Compostela, seis de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente en funcións

8033