Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.727

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 14 de outubro de 1997, acordou convocar concurso para adxudica-los traballos de redacción do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do contorno do mosteiro de San Salvador de Celanova.

Con esta finalidade, publícase un extracto do prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o devandito concurso, facendo constar que o prego completo, xunto cun anexo remitido pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo e as prescricións técnicas están á disposición dos interesados na Secretaría Municipal.

Obxecto do contrato.-O Concello de Celanova convoca concurso, en procedemento aberto, con carácter de urxencia, para a adxudicación, formalización e execución do contrato que ten por obxecto a realización do traballo titulado: Plan Especial de Reforma Interior (PERI) do contorno do mosteiro de San Salvador de Celanova.

Prazo de execución.-O prazo total de execución do traballo obxecto do presente prego é de 16 meses.

A data oficial de inicio dos traballos, será a do día seguinte ó da sinatura do documento de formalización do contrato.

Orzamento do contrato e financiamento.-O orzamento total previsto para o contrato é de once millóns seiscentas mil (11.600.000) pesetas, IVE incluído, dos que aporta a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a suma de 10.440.000 pesetas, en tres anualidades e, o resto, por importe 1.160.000 pesetas, o concello.

Capacidade para contratar.-Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación ou, no seu defecto, solvencia económica, profesional ou técnica nos termos dos artigos 16 e 19 da LCAP e non estean afectadas por ningunhas das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar, na redacción dada pola disposición adicional 1ª da Lei 9/1996, do 15 de xaneiro.

Fianzas e garantías.-A fianza provisional que se constituirá para acudir á licitación do contrato será do 2% do orzamento do contrato ou base de licitación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 da LCAP.

A garantía definitiva será do 4% do orzamento de adxudicación, debendo acreditarse a súa constitución dentro dos 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación do concurso.

Propostas.-Os licitadores presentarán as propostas no rexistro xeral do concello en dous sobres pechados, sinalados coas letras A e B, figurando en cada un deles o nome do propoñente e o título do traballo obxecto do concurso, dentro do prazo de trece días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Mesa de contratación.-Composición:

-O alcalde ou concelleiro en quen delegue, como presidente.

-O concelleiro-delegado de Planeamento e Xestión Urbanísticas.

-Un representate da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, designado pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

-O arquitecto municipal.

-Un arquitecto designado pola delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

-Actuará como secretario o da corporación (con voz pero sen voto).

Criterios base para a adxudicación.-Os criterios que servirán de base para a adxudicación, así como a puntuación deles, serán os seguintes:

-Maior solvencia técnica e profesional: ata 4 puntos.

-Menor prezo: ata 3 puntos.

-Maior grao de especialización: máximo de 2 puntos.

-Menor tempo na execución: máximo 1 punto.

Apertura de proposicións.-A mesa de contratación, en acto público celebrado o cuarto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, ás trece horas, dará conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos e as causas da súa exclusión, invitando os asistentes a formularen observacións que se recollerán en acta.

Seguidamente, o secretario da mesa procederá á apertura dos sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas por elas.

Verificada a aplicación dos criterios establecidos, a mesa elevará ó Concello en Pleno a proposta de adxudicación que considere pertinente.

Modelo de proposición.-D/Dª..., en nome propio (ou en representación de..., segundo acredita con...), veciño/a de..., con domicilio en..., r/... núm.... e con DNI nº..., informado do prego de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán na contratación de asistencia técnica para a realización do traballo de redacción do Plan Especial de Reforma Interior do contorno do mosteiro de Sanvador de Celanova, acéptao e obrígase a realiza-lo traballo por ... pesetas (en letra e cifra).-(Lugar, data e sinatura).

Celanova, 28 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8259