Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.728

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello celebrado o día 14 de outubro de 1997 o proxecto de urbanización que desenvolve a UA nº 1 do plano parcial do solo apto para urbanizar, industrial nº 1 de Acevedo das normas subsidiarias de Cerceda, procédese á súa exposición ó público polo prazo dun mes no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión provincial; prazo que se computará desde a última publicación e no que poderá ser examinado o expediente na Secretaría Municipal de 9 a 14 horas e no que se poderán formula-las alegacións que se consideren pertinentes. De non formularse alegacións, entenderase aprobado definitivamente.

Cerceda, 21 de outubro de 1997.

José García Liñares

Alcalde

8246