Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 14 de outubro de 1997, acordou convocar concurso para adxudi

ca-los traballos de redacción do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes.

Con esta finalidade, publícase un extracto do prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá o devandito concurso, facendo constar que o prego completo, xunto cun anexo remitido pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo e as prescricións técnicas están á disposición dos interesados na Secretaría Municipal.

Obxecto do contrato.-O Concello de Celanova convoca concurso, en procedemento aberto con carácter de urxencia, para a adxudicación, formalización e execución do contrato que ten por obxecto a realización do traballo titulado: Plan Especial de Reforma Interior (PERI) Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes.

Prazo de execución.-O prazo total de execución do traballo obxecto do presente prego é de 16 meses.

A data oficial de inicio dos traballos será a do día seguinte ó da sinatura do documento de formalización do contrato.

Orzamento do contrato e financiamento.-O orzamento total previsto para o contrato é de oito millóns setecentas mil (8.700.000) pesetas, IVE incluído, dos que aporta a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a suma de 7.830.000 pesetas, en tres anualidades e o resto, por importe 870.000 pesetas, o concello.

Capacidade para contratar.-Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación ou, no seu defecto, solvencia económica, profesional ou técnica nos termos dos artigos 16 e 19 da LCAP e non estean afectadas por ningunhas das circunstancias que enumera o artigo 20 como prohibitivas para contratar, na redacción dada pola disposición adicional 1ª da Lei 9/1996, do 15 de xaneiro.

Fianzas e garantías.-A fianza provisional que se constituirá para acudir á licitación do contrato será do 2% do orzamento do contrato ou base de licitación e poderá constituírse en calquera das formas previstas no artigo 36 da LCAP.

A garantía definitiva será do 4% do orzamento de adxudicación, debendo acreditarse a súa constitución dentro dos 15 días hábiles seguintes á notificación da adxudicación do concurso.

Propostas.-Os licitadores presentarán as propostas no rexistro xeral do concello en dous sobres pechados, sinalados coas letras A e B, figurando en cada un deles o nome do propoñente e o título do traballo obxecto do concurso, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

Mesa de contratación.-Composición:

-O alcalde ou concelleiro en quen delegue, como presidente.

-O concelleiro-delegado de Planeamento e Xestión Urbanísticas.

-Un representante da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, designado pola Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

-O arquitecto municipal.

-Un arquitecto designado pola delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

-Actuará como secretario o da corporación (con voz pero sen voto).

Criterios base para a adxudicación.-Os criterios que servirán de base para a adxudicación, así como a puntuación deles, serán os seguintes:

-Maior solvencia técnica e profesional: ata 4 puntos.

-Menor prezo: ata 3 puntos.

-Maior grao de especialización: máximo de 2 puntos.

-Menor tempo na execución: máximo 1 punto.

Apertura de proposicións.-A mesa de contratación, en acto público celebrado o cuarto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións, ás trece horas, dará conta do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polos licitadores no sobre B, indicando os licitadores excluídos e as causas da súa exclusión, invitando os asistentes a formularen observacións que se recollerán en acta.

Seguidamente, o secretario da mesa procederá á apertura dos sobres A e dará lectura das proposicións económicas formuladas por elas.

Verificada a aplicación dos criterios establecidos, a mesa elevará ó Concello en Pleno a proposta de adxudicación que considere pertinente.

Modelo de proposición.-D/Dª..., en nome propio (ou en representación de..., segundo acredita con...), veciño/a de..., con domicilio en..., r/... nº... e con DNI nº..., informado do prego de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán na contratación de asistencia técnica para a realización do traballo de redacción do Plan Especial de Reforma Interior do Burgo Medieval de Vilanova dos Infantes, acéptao e obrígase a realiza-lo traballo por ... pesetas (en letra e cifra).-(Lugar, data e sinatura).

Celanova, 28 de outubro de 1997.

O alcalde

Rubricado

8433