Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 4 de agosto de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de actuación (UA-9), das vixentes normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, promovido por Alfonso Rumbo Veira, e redactado polo arquitecto Donato Izquierdo López-Abente, para establece-las aliñacións e rasantes á vez que ordena os volumes no lugar chamado Fonte de Oseiro, Oseiro, que queda sometido a información pública polo prazo que se pechará transcorrido un mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que consideren convenientes (Expte. 25/97.PED).

Arteixo, 29 de agosto de 1997.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

8432