Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Cerámica de Puenteareas, S.L., no concello de Ponteareas (Pontevedra). (Expediente 306/1996).

Visto o escrito presentado pola empresa Cerámica de Puenteareas, S.L., con enderezo a efectos de notificacións no lugar de Ribadetea, Ponteareas, Pontevedra, esta dirección xeral ten en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 24 de xullo de 1996 a referida empresa, dedicada á fabricación de productos cerámicos, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica para a planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do municipio de Ponteareas (Pontevedra). Vai acompañada a dita solicitude do preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e de aforro de

enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacións proxectadas e o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4 do Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous motores de combustión interna alternativos alimentado por gasóleo, de 400 kW cada un; dous xeradores síncronos trifásicos de 500 kVA c/u, tensión de xeración 0,38 kV; un centro de transformación r/t 20/0,38, con dous transformadores de 1 MVA de potencia c/u, montado en interior; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando sinalización e medida.

Segundo.-Con data do 11 de decembro de 1996 esta dirección xeral resolveu concederlle o recoñecemento do réxime especial de producción de enerxía eléctrica á dita planta de coxeración.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, o 10 de outubro de 1996 a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra resolveu someter á información pública a autorización administrativa da instalación de referencia. A mencionada resolución publicouse no DOG do 17-9-1996 e no BOP de Pontevedra do 26-9-1996, sen que se presentase no período legalmente establecido ningunha alegación.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibir informe favorable da dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Cerámica de Puenteareas, S.L., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Ponteareas (Pontevedra).

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7391