Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0507; XG-033, entre Fornelos e Vigo, con anexos, V-1499; XG-091, entre a ponte internacional de Tui e Vigo, con anexos, e V-1913; XG-148, entre Pontevedra e O Porriño, con anexo.

O acordo directivo do 15 de setembro de 1997 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Viajes Melytour, S.L. por cesión do seu anterior titular, Empresa M. García, S.A.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, e queda subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

5471