Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución e unificación de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada, de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de

Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución e unificación das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indican:

* V-3196; XG-358, entre Negreira e Noia por Mendoña, e

* V-3208; XG-359, entre Negreira e Noia por Cornanda, con anexo,

da titularidade de Autos Dosil, S.L.

Os interesados ou afectados neste expediente podrán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente do Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas

no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

8289