Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/1564/97 interposto por Luisa María Pereda Salgado contra a Resolución do 13 de maio de 1997 (DOG nº 97, do 22 de maio), pola que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Resolución do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) para a categoría estatutaria de auxiliar de enfermería. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento ás que se lles empraza para que poidan comparecer e constituírse en parte nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.
Valeriano Martínez García
Director xeral de Recursos Humanos do Sergas
8010