Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.702

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1474/97, interposto por Ana María Vaamonde Fandiño.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/1474/97 interposto por Ana María Vaamonde Fandiño contra a Resolución do 19 de maio de 1997 (DOG nº 103, do 30 de maio), pola que se publica a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado por Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) para a categoría estatutaria de fisioterapeuta. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento ás que se lles empraza para que poidan comparecer e constituírse en parte nos autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos do Sergas

8344