Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.698

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Harinas y Sémolas del Noroeste, S.A. (Hasenosa), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-6-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 7-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de agosto de 1997.

F. Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Pontevedra

Convenio colectivo 1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo terá aplicación no centro de traballo de Hasenosa do polígono industrial das Gándaras de Budiño.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará á totalidade do persoal existente no momento da sinatura no centro de traballo aludido no artigo anterior, así como ós que posteriormente se incorporen ós respectivos cadros de persoal. O persoal directivo queda excluído da aplicación do convenio.

Artigo 3º.-Vixencia.

O convenio terá efecto desde o 1 de xaneiro de 1997 cun período de vixencia ata o 31 de decembro de 1997 e poderá ser prorrogado por un ano máis se as partes así o deciden. Manterá a súa vixencia mentres non sexa substituído por outro novo.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas no presente convenio teñen o carácter de mínimas e retroacivas desde o 1 de xaneiro de 1996, respectándose as condicións máis beneficiosas en cómputo anual que na actualidade estean como dereitos adquiridos ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e vixilancia das condicións pactadas neste convenio, crearase unha comisión paritaria composta por dous membros de cada unha das partes social e económica.

Artigo 6º.-Clasificación.

O persoal que preste os seus servicios neste centro de traballo e estea afectado polo presente convenio clasificarase, segundo a súa permanencia e de acordo co seu contrato, en fixos ou eventuais.

Artigo 7º.-Horario de traballo.

Acórdase que a xornada laboral será de 1.808 horas anuais, para este e sucesivos convenios. A dita xornada adaptarase ó calendario laboral de común acordo entre a empresa e os traballadores. O persoal de xornada partida terá o dereito a desfrutar de xornada intensiva durante a temporada de verán que comprende desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, desde as 7 h. ata as 15 h.

Sempre que non se prexudique a organización e sistemas productivos da empresa, procurarase que entre o final da xornada e o comezo da seguinte medie como mínimo un prazo de doce horas.

Artigo 8º.-Postos especiais.

A empresa empregará o persoal cunha capacidade física ou intelectual diminuída pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de que existan outros postos. Igual criterio se seguirá con quen se atope en situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 9º.-Vacacións.

O persoal desfrutará de 22 días laborais de vacacións ó ano ou da parte proporcional ó tempo traballado.

Será obrigatorio por parte da empresa da-las vacacións en dous períodos anuais como máximo e por preferencia entre os traballadores con cargas familiares e con máis antigüidade. Comprendidas estas entre os meses de xuño a setembro. Ningún traballador se verá obrigado a desfruta-las súas vacacións mentres estea en situación de baixa. Pola contra, a baixa ocorrida en período vacacional non interromperá o desfrute destas.

As datas das vacacións poranse en coñecemento do traballador polo menos con dous meses de anticipación ó seu desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

Concederánselles ós traballadores do presente convenio que así o soliciten as licencias nos casos seguintes sen perda de retribución:

a) Matrimonio do traballador, 15 días naturais.

b) Enfermidade grave de familiares de primeiro grao ou hospitalización con intervención cirúrxica, 3 días se é dentro da provincia e 5 se sucedese fóra dela. Esta licencia poderá continuarse sen dereito a remuneración e logo do certificado médico.

c) Nacemento dun fillo, 3 días naturais.

d) Morte do cónxuxe, ascendentes ou descendentes, 5 días naturais.

e) Morte de familiares políticos do mesmo grao, tendo como límite os supostos de avós e netos, 2 días naturais se o falecemento se produce dentro da provincia; se se produce fóra, 3 días naturais.

f) O cumprimento dun deber público inescusable, disposto polas leis e disposicións vixentes, o tempo indispensable.

g) Cambio de domicilio, 2 días naturais.

h) Matrimonio de fillo, sempre que se celebre en día laborable, 1 día natural.

i) As traballadoras por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada laboral nunha hora coa mesma finalidade, que deberá producirse ben ó comezo ou ben ó final da xornada laboral.

j) Cando haxa que acudir a probas de recoñecemento médico en centros sanitarios, o tempo necesario, logo da xustificación médica. Para consultas médicas, 4 horas para todo o persoal, sempre e cando se reintegren ó posto de traballo o resto da xornada.

k) En ningún caso o tempo concedido en concepto de licencia poderá ser descontado do período de vacacións que lle corresponda ó traballador.

As licencias concedidas ós representantes sindicais serán aboadas ó 100% das súas retribucións, considerando a media dos últimos 30 días. Para o resto das licencias aboaranse tódolos conceptos sala

riais fixos, con excepción dos complementos salariais por cantidadade ou calidade de traballo.

Artigo 11º.-Excedencias.

Todo o persoal terá dereito á situación de excedencia de acordo coas normas reguladas polo Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Salarios.

Serán os que para cada categoría se fixan na táboa anexa. No recibo mensual de salarios figurarán debidamente detallados os importes seguintes: salario base, plus de convenio, plus de transporte, antigüidade e horas extras.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade establécese por quinquenios de contía de 7% do salario base do convenio vixente en cada momento (no concepto de salario non se inclúe o plus de transporte). Cada quinquenio farase efectivo no mesmo mes no que se devengue.

Excepcionalmente, no presente exercicio de 1997 respectaranse as condicións vixentes no convenio de 1996, coa excepción de que a súa efectividade terá lugar a partir do primeiro de xaneiro.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria, ou en virtude de acordo entre traballador e empresa compensaranse por tempo equivalente de descanso retribuído.

As horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables remuneraranse incrementado o valor da hora ordinaria nun 50%.

En calquera caso, as horas extraordinarias feitas por motivo de avaría remuneraranse en tódalas circunstancias co valor da hora ordinaria. Na sección de mantemento tódalas horas extraordinarias realizadas de noite ou en días non laborables, incluídas as realizadas por motivos de avaría, remuneraranse incrementando a hora ordinaria nun 25%.

Artigo 15º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio, terá dereito a catro pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade de salario, plus de convenio e antigüidade. Todo traballador con contrato fixo ou indefinido poderá solicita-lo anticipo das pagas extras correspondentes a dous anos como máximo, sempre que sexa por causa xustificada, entendéndose esta como a adquisición ou reforma de vivenda, compra de vehículo e enfermidade grave. A empresa comprométese a atender esta solicitude esta solicitude sempre que a súa situación económico-financeira llo permita e cun máximo de cinco solicitudes anuais.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores percibirán un plus de transporte na contía de 4.000 ptas. mensuais. A todo o persoal que resida a máis de 12 km da situación

da empresa incrementáraselle o plus de transporte en 8.000 ptas.

Artigo 17º.-Carga e descarga.

A carga, descarga e estiba dos trigos, fariñas, sémolas e subproductos, sempre que os vultos superen os 50 kg. netos de peso unitario, será realizada por dous homes.

Na descarga de camións, cando a distancia entre estes e o almacén da panadería supere os 20 m poñerase á disposición dos traballadores unha carreta ou vehículo similar para facilita-la dita operación.

Artigo 18º.-Premio de xubilación.

Se ó producirse a xubilación o traballador acreditase unha antigüidade superior a 20 anos, percibirá unha paga consistente na cantidade de tres mensualidades.

Artigo 19º.-Complemento por accidentes de traballo.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo terá un complemento do 100% do salario real, é dicir, percibirá o mesmo salario que se estivese traballando. Con referencia á ILT debida a enfermidade, tamén se percibirá o 100% do salario, excluído o plus de transporte.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes con cobertura 24 horas/día.

Con independencia das indemnizacións obrigatorias da Seguridade Social, mediante a concertación dunha póliza de cobertura cunha entidade aseguradora a empresa garantiralles ós seus traballadores ou, se é o caso, ós seus herdeiros e nos supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións:

a) Por morte do traballador: os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que este designase, percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

b) Por invalidez permanente total e invalidez absoluta: o traballador percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

c) Por gran invalidez percibirá a cantidade de 10.000.000 de ptas.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que poida dedicarse a outra distinta.

Entenderase por invalidez absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión ou oficio.

Entenderase por «gran invalidez» a situación do traballador en incapacidade permanente absoluta e que, como consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.

Este seguro cubrirá tanto os traballadores fixos como os que estean por contratos eventuais, sempre que este contrato sexa por período mínimo dun ano.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros; a copia oficial seralle entregada ó comité de empresa ou representante sindical.

Artigo 21º.-Aumento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 rexerán para tódolos efectos os salarios que figuran na táboa salarial anexa, que supuxeron un aumento salarial do 1% e un incremento lineal para tódalas categorías de 5.000 ptas.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

Igual que para todo o persoal de xornada partida, cando por necesidades da actividade da empresa se considere precisa a continuidade da xornada habitual de traballo, por un tempo de catro ou máis horas ó día, a empresa facilitará unha axuda de custo de comida de 1.700 ptas. por día e traballador.

Artigo 23º.-Garantías dos representantes dos traballadores.

A empresa respectará as garantías dos representantes dos traballadores, de acordo, en todo momento, coas normas que para tal efecto contén o Estatuto dos traballadores. Nos casos de despedimento por causas tecnolóxicas, organizativas ou de producción, o representante sindical terá unha garantía de permanecer na empresa sen afectarlle ningunha destas causas. Esta garantía prolongarase durante os dous anos seguintes ó cesamento no cargo.

Artigo 24º.-Quenda de noite.

Considérase quenda de noite a realizada entre as dez da noite e as seis da mañá. As horas nocturnas remuneraranse de acordo co valor da hora ordinaria.

Artigo 25º.-Degradación profesional.

Todo aquel traballador que teña unha categoría profesional recoñecida, non poderá ser degradado con respecto á súa categoría, afectando á súa dignidade profesional.

A limpeza dos postos de traballo será efectuada polos seus correspondentes operarios e a xeral da fábrica, como ata agora, polo persoal da fábrica no día da semana que se designe.

Artigo 26º.-Revisión de categorías profesionais.

Os ascensos produciranse sempre de acordo coa empresa e os representantes dos traballadores, tendo en conta a formación, méritos e antigüidade destes, así como as facultades organizativas do empresario.

Sempre que un traballador realice funcións superiores a seis meses, o traballador terá dereito a reclama-lo ascenso correspondente á función superior desempeñada.

O dito no parágrafo anterior non será de aplicación no caso de suplencia por baixa de enfermidade, accidente ou vacacións.

Artigo 27º.-Sección de mixes.

A empresa comprométese a eliminar, na medida do posible, a emisión de po de fariña á atmosfera da fábrica. En calquera caso, tódolos traballadores desta sección serán provistos das proteccións necesarias e máis adecuadas co obxecto de evitar calquera dano que na súa saúde poidan produci-los productos irritantes que se manipulen nas mezcladoras.

As medidas protectoras serán de uso obrigatorio para tódolos traballadores desta sección.

Artigo 28º.-Bolsa de estudios.

A empresa subvencionará a tódolos traballadores con contrato fixo-indefinido ou eventual de máis dun

ano, cunha cantidade de 15.000 ptas. por fillo menor de idade que acredite estar matriculado en calquera centro de ensino, oficial ou privado debidamente recoñecido. A dita cantidade seralle aboada ó traballador o 31 de agosto de cada ano.

Cláusula adicional.

O presente convenio está subscrito pola comisión negociadora, formada:

a) Por parte da empresa: Roberto Pérez Suárez, presidente do Consello de Administración e Antonio Valcarce Avila, director xerente.

b) Pola representación social: Jesús Matilde Valladares e Santos Álvarez Otero.

Táboa salarial convenio ano 1997

Plus Trans. mes

CategoríasTotal

ano 1997

Soldo base

mes 1997

DistanciaDist.> 12 KmPlus convenio

mes 1997

Titulados

Grao superior e asimilados3.82466.6304.0008.000163.373
Grao medio e asimilados2.731.95166.6304.0008.00095.117
Grao superior en prácticas2.005.43266.6304.0008.00049.710
Grao medio en prácticas1.464.01566.6304.0008.00015.871

Administración

Xefe administrativo4.371.93866.6304.0008.000197.616
Oficial primeira3.079.93966.6304.0008.000116.866
Oficial segunda2.567.21266.6304.0008.00084.821
Oficial terceira2.170.17166.6304.0008.00060.006
Secretaria2.250.69066.6304.0008.00065.038
Auxiliar primeira1.982.29566.6304.0008.00048.263
Auxiliar segunda1.812.00366.6304.0008.00037.620
Telefonista1.525.09866.6304.0008.00019.689
Aspirantes/bolseiros1.464.01566.6304.0008.00015.871

Factoría

Encargado xeral4.310.85666.6304.0008.000193.798
Especialistas2.131.76866.6304.0008.000120.105
Encargado de sección2.718.99466.6304.0008.00094.307
Oficial primeira2.442.73266.6304.0008.00077.041
Oficial segunda2.308.27666.6304.0008.00068.637
Oficial terceira2.170.17166.6304.0008.00060.006
Operario2.047.08166.6304.0008.00052.313
Peón1.736.59466.6304.0008.00032.907
Mozo1.464.01566.6304.0008.00015.871
Aprendiz1.445.50566.6304.0008.00014.714

Mantemento

Xefe mantemento3.398.31166.6304.0008.000136.764
Oficial primeira mantemento3.194.70266.6304.0008.000124.039
Oficial primeira mecánico/eléctrico3.065.13166.6304.0008.000115.941
Oficial segunda mecánico/eléctrico2.706.03766.6304.0008.00093.497
Oficial terceiro mecánico/eléctrico2.028.57066.6304.0008.00051.156
Aspirante mecánico1.464.01566.6304.0008.00015.871

Laboratorio

Xefe laboratorio3.814.78766.6304.0008.000162.794
Xefe equipo3.398.31166.6304.0008.000136.764
Oficial primeira laboratorio3.213.87666.6304.0008.000125.237
Oficial segunda laboratorio2.945.32066.6304.0008.000108.452
Oficial terceira laboratorio2.701.56566.6304.0008.00093.218
Axudante primeira laboratorio2.480.21466.6304.0008.00079.383
Axudante segunda laboratorio1.858.27866.6304.0008.00040.512
Axudante terceira laboratorio1.648.33466.6304.0008.00027.391
Aspirante/bolseiro1.464.01566.6304.0008.00015.871

Comercial

Director comercial4.545.93266.6304.0008.000208.491
Xefe vendas3.451.99066.6304.0008.000140.119
Especialista en marketing3.412.77266.6304.0008.000137.668
Vendedor2.502.42766.6304.0008.00080.772

8009