Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001843/1997, interposto polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia.

Para dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 01/0001843/1997 interposto polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, contra o Decreto 216/1997 do 30 de xullo, polo que se crea o Servicio de Resposta Inmediata (SERI) da Xunta de Galicia e se regula o seu funcionamento, esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo solicitado polo referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento co fin de

poderen comparecer perante o devandito tribunal e constituírse en parte nos citados autos no prazo de nove días, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1997.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería de Presidencia

e Administración Pública

6797