Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Xoves, 06 de novembro de 1997 Páx. 10.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de novembro de 1997 pola que se modifica a do 22 de outubro de 1997 na que se convocan bolsas para estudio e investigación sobre materias turísticas.

Advertido erro na base terceira da Orde do 22 de outubro de 1997 pola que se convocan bolsas para estudio e investigación sobre materias turísticas (DOG nº 210, do 30-10-1997),

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Modíficase a base terceira da orde pola que se convocan bolsas para o estudio e investigación sobre materias turísticas, que quedará redactada da seguinte forma:

«Terceira.-Determinacións orzamentarias.

A Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia concederá estas bolsas con cargo á aplicación 04.05.651A.480.0 dos seus créditos orzamentarios. As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin, créditos que ascenden a 11.245.000 ptas.».

Artigo 2º.-Mantéñense na súa totalidade a vixencia dos prazos sinalados na Orde do 22 de outubro de

1997 pola que se convocan bolsas para estudio e investigación sobre materias turísticas (DOG nº 210, do 30 de outubro).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

8438