Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/118-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Sestelo y Cía.

Enderezo social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Oleiros-Barciademera.

Situación: O Covelo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 1/20 kV, de 1.282 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existe de Barciademera ata o C.T. que se proxecta en Oleiros, concello do Covelo. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 15 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8257