Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 05 de novembro de 1997 Páx. 10.674

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 122/1995).

Declarada urxente a instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV en dobre circuíto, de 3.309 m de lonxitude, con conductor LA-110, con orixe na subestación da central térmica de Meirama e final na liña de M.T. aérea denominada Carral-Mesón do Vento, no seu percorrido polo termo municipal de Ordes (expediente 122/1995), para efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso por Decreto 248/1997, do 24 de xuño, (Diario Oficial de Galicia, do 16 de setembro de 1997), da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen na relación que se publicou no DOG, do 20-11-1996, que o representante e o perito da Administración comparecerán nos predios o día 18 de novembro de 1997, a partir das 11.30 horas, para a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas da Casa do Concello de Ordes as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e dereitos afectados por expropiación ou servidumes.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que saben concorrer ó acto en por si ou persoas que os representen, e se así o consideran cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posibles erros da relación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 14 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

8253